Beneficiarios:
Persoas que teñan menores de 3 anos nados entre o 01/01/2016 e o 31/12/2017 ambos os dous incluídos, e que, durante o ano 2017, nin elas nin ningunha das persoas da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso. Poderán acollerse a esta axuda no caso de fillas ou fillos adoptado/acollidos entre o 01/01/2016 e o 31/12/2017; así como os estranxeiros que residan en Galicia sempre que cumpran as condicións da Lei orgánica 4/2000 e os requisitos establecidos nesta norma e tivesen a condición de contribuínte para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do IRPF.
Requisitos:
- Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia.
- Que os menores convivan coa persoa solicitante na data da solicitude.
- Os requisitos para ter dereito a prestación deberán reunirse o último día do prazo de presentación.
Documentación:
- O anexo I (solicitude) e anexo II (comprobación dos datos da persoa proxenitora non solicitante)
- Libro/s de familia, para os efectos de acreditar a data de nacemento e a orde que ocupa o menor.
- O volante de empadroamento colectivo (pídese no Concello e, é gratuíto).
- Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e, do convenio regulador ratificado polo xulgado, se é o caso.
Contía: cando sexa a primeira filla/o: 360 €; cando sexa a segunda filla/o: 1200 €; cando sexa a terceira filla/o e sucesivos: 2.400 €.
Os anexos I e II desta convocatoria poderán descargalos nos enderezos:
Xunta: https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos
Web do Concello: www.camarinas.net
PRAZO: ata o 28 de maio de 2019
Para máis información nos Servizos Sociais deste Concello ou chamando ao teléf.: 981-73 70 04.