O Concello

Departamentos

* Erika Gómez materializará na Mostra de Camariñas que a moda sostible tamén encaixa 04/04/2019

Erika Gómez materializará na Mostra de Camariñas que a moda sostible tamén encaixa

·        A deseñadora, alma máter de Twin and Chic, traballará as súas composicións con algodón orgánico.
·        As pezas da súa colección están pensadas para os máis pequenos.
·        Erika participará por primeira vez na Mostra do Encaixe, que este ano alcanza a XXIX edición.  

A deseñadora vasca Erika Gómez é a alma máter de ‘Twin and Chic’, firma de moda pensada para os máis pequenos e tamén é promotora do encaixe en tecido sostible. Ela traballa o algodón orgánico, dermosaudable e que presenta grandes beneficios para a pel dos nenos.  

Ela, que acudirá por primeira vez á Mostra do Encaixe de Camariñas, amósase moi ilusionada por participar neste evento. A través de Blanca Gómara, outro dos nomes relevantes nisto da moda sostible, púxose en contacto co mundo do encaixe camariñán e decidiuse. “La artesanía es algo que merece la pena potenciar, sobre todo la local. Si además unimos esto a la sostenibilidad, pues mejor que mejor”, destaca.  

Erika Gómez sempre buscou tecidos que teñen un maior impacto positivo para os nenos e para o medio ambiente. “Nuestra marca está pensada para los más pequeños, y nuestro lema es El futuro es para los niños”, explica.  

O que espera desta mostra é que se fale da posibilidade de que unha nova moda é posible. Mesturando tradición e modernidade, camiñando cara unha forma de traballar as teas que sexa respectable para o Planeta.


© by Abertal