O Concello

Departamentos

* Camariñas presenta o seu III Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes 29/03/2019

Camariñas presenta o seu III Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes

·        Un instrumento de traballo que estará vixente durante os próximos catro anos.  

O goberno local levará mañá, vernes 29 de marzo, a pleno a aprobación do III Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes (PIOM) do Concello de Camariñas. Un documento elaborado para dar continuidade ás políticas de igualdade adoptadas polo Concello nos últimos anos.  

“A través desta folla de ruta preténdese marcar todos os obxectivos e as actuacións necesarias de cara á consecución do reto fundamental de construír unha sociedade baseada na igualdade e non na discriminación”, explica a alcaldesa Sandra Insua.  

Este terceiro PIOM supón a reafirmación do compromiso na loita pola igualdade coa aprobación dos anteriores Plans, e servirá como base de referencia e instrumento de traballo para os próximos catro anos (2019-2023).  

O plan recolle a difusión do PIOM a todos os niveis, a promoción da utilización dunha linguaxe non sexista no ámbito administrativo, o reforzo das competencias do persoal municipal en materia de igualdade e outras accións como a creación dun facebook e blog para a área de igualdade,      obradoiros para todas as idades, actividades...  

Sandra Insua destaca que desde o goberno local “somos conscientes de que debemos seguir avanzando para conseguir a igualdade real e que esta se integre en toda a xestión pública municipal” e para isto “o PIOM ten o obxectivo de seguir acurtando as distancias no camiño da xustiza social”.

Descargas relacionadas


© by Abertal