O Concello

Departamentos

* Sara Lage confirma a súa participación na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas 27/03/2019

Sara Lage confirma a súa participación na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas

·        A deseñadora galega obtivo grandes resultados concurso de ‘Jóvenes Diseñadores’ e este será o seu terceiro ano como firma na Mostra.  

A deseñadora galega Sara Lage participará na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas, que este ano alcanza a XXIX edición. Con esta, xa é a súa terceira participación consecutiva na Mostra, evento no que comezou participando no concurso de ‘Jóvenes Diseñadores’ .  

Actualmente Sara Lage xa está totalmente consolidada como modista pero nos seus inicios na Mostra do Encaixe xa apuntaba alto. Participou tres anos consecutivos no concurso de ‘Jóvenes Diseñadores’ e obtivo dous segundos postos e un primeiro.  

Para Sara “a Mostra é un evento moi importante, que combina o traballo de deseñadores que agora mesmo se atopan en auxe ou en boga coa tradición do encaixe, dándolle un toque diferente do que se adoita coñecer do encaixe”.  

Do encaixe como complemento opina que “é o remate final as miñas creacións, o que enriquece a cada prenda e a convirte en alta costura. Ti xogas cun tipo de deseño e patronaxe un pouco especial pero logo o que lle da o detalle ás prendas é o encaixe”.  

Para este edición da Mostra Sara Lage volverá a traer unha colección de noiva, sector ao que se dedica habitualmente, pero “cun toque un pouco diferente ao habitual”, afirma.


© by Abertal