A Consellería de Facenda, a través da Dirección Xeral da Función Pública vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 18 de marzo unha resolución pola que se acorda a apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo IV, categorías profesionais de xerocultor/a e de persoal de servizos xerais
Creación de dúas categorías profesionais:
- IV – 043 Xerocultor/a
- IV – 044 Persoal de servizos xerais
Ámbito territorial: agrupación de municipios
Titulación académica:
- Xerocultor/a: estar en posesión ou en condicións de obter o título de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría ou equivalente ou técnico/a de atención a persoas en situación de dependencia ou equivalente.
- Persoal de servizos xerais: graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.
Coñecemento da lingua galega: estar en posesión do Celga 3 ou equivalente
Prazo: do 19 de marzo ao 30 de abril de 2019
RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190318/AnuncioCA01-110319-0001_gl.pdf
ENLACE DA PÁXINA DA XUNTA DE GALICIA PARA XERA-LA SOLICITUDE:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00