O Servizo Galego de Saúde publicou, a través da Dirección Xeral de Recursos Humanos, unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 21 de marzo de 2019 pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categoría de persoal estatutario.
Categorías:
- Albanel
- Carpinteiro / a
- Celador / a
- Cociñeiro / a
- Costureiro / a
- Grupo auxiliar da función administrativa
- Lavandeiro / a
- Pasador / a de ferro
- Perruqueiro / a
- Pinche
- Telefonista
As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es
Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación. Con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.
As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ó da súa publicación.
RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190321/AnuncioG0003-140319-0001_gl.pdf
ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Novo-pacto-sobre-selección-de-persoal-estatutario-temporal-no-ámbito-do-Servizo-Galego-de-Saúde-e-entidades-públicas
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00