· A VIII Xornada da Moda Sostible celebrarase no Museo do Traxe de Madrid os días 5 e 6 de abril.
· Alí, Blanca Gómara presentará unha almofada de Encaixe de Camariñas realizada con tecido sostible.
Camariñas estará moi presente na Slow Fashion Next de Madrid os vindeiros días 5 e 6 de abril, datas no que se celebrará este evento no Museo do Traxe da capital.
Alí presentarase, como novidade, unha almofada de realizada con Encaixe ‘eco-friendly’, isto é, con materia prima biodegradable, chamada Greencel, e respectuosa co medio ambiente. Ademais, non é necesaria a instrumentalización de ningún animal, xa que o tecido é de orixe vexetal.
Esta innovadora técnica dá un paso máis no que ata agora coñeciamos nisto da confección do Encaixe, xa que permite xuntar tradición e modernidade. Asi mesmo, universalízase o produto, xa que co mesmo traballo, a materia prima é de menor custe sen perder calidade nos acabados, así que está pensada para a maioría do público.
A deseñadora, Blanca Gómara, que estará na Mostra por primeira vez, decidiuse por esta técnica rompedora porque “o Encaixe sempre ten un papel protagonista, que permite contar unha historia”, e con este cambio de tendencia máis xente poderá optar a este tipo de produtos e o medio ambiente -consecuentemente tamén todos nós- beneficiarase.
Polo tanto, estamos a falar dalgo moi importante: estase a avanzar no tratamento do produto sen negar a tradición do oficio, dun traballo exclusivamente manual que desde bastantes lustros se vén desenvolvendo en Camariñas.