EXPOSICION E ACTIVIDADES “CORES DE BRETAÑA”.
MUSEO MAN DE CAMELLE. SEMANA SANTA 2019
DO 16 AO 20 DE ABRIL
O Concello de Camariñas organiza xuntocoa asociación de irmandamento La Turballe Cap Camariñas esta exposición e actividades gratuítas que se enmarca nos acordos de irmandamento entre estas dúas cidades. Baixo o lema “Cores de Bretaña” tres recoñecidos artistas nados e que desenvolven o seu traballo na Turballe, compartirán as súas obras artísticas e os seus coñecementos coa cidadanía de Camariñas.
As obras expostas ofrecen tres olladas da súa terra que espertan emocións diversas. Estas obras pictóricas son un agasallo para os ollos abraiados polas cores desta terra irmá.
Os artistas que participan na exposición son :
Dominique Floc’h. Artista polifacética encontra a súa inspiración plástica no ámbito dramático e na escritura poética. Diplomada no Convervatorio Superior de Arte Dramático en Rennes (Bretaña), ten creado na Turballe a súa propia compañía de teatro La Touline, na que actúa e é directora. Ten escrito e ilustrado libros para nenos e nenas e en particular Le pirate de La Baltur e La escuela de La Baltur. Autodidacta, crea obras cheas de imaxinación e adoita a pintar con acuarela e tinta. A serie exposta en Camelle titulase Sereas. Estas mulleres fantásticas do mundo submarino son testemuña poética dunha nova mitoloxía da Costa da Morte (Camariñas) e da Côte d´Amour (La Turballe) Impartirá en Camelle o dia 19 un obradoiro infantil de pintura cos motivos dos faros e o mar
Marie-Do Pavy Estudou debuxo e pintura na Ecole d’Art Plastique d’Argentan (Orne) e na Escola Superior de Belas Artes en Rennes (Bretaña). Alumna dos pintores Alain Ragaru e Denis Bermond. Estudou a arte da pintura sobre porcelana en Sèvres e foi alumna de Veronique Habegre, pintora sobre porcelana e mellor artesán de Francia. As súas obras foron expostas en Argentan, Rennes, Chartres, Montmorency, Vannes e outras cidades. Mestra de pintura ao óleo, á acuarela, ao pastel, acrílico, sobre porcelana…
Moi inspirada polo mar, as súas pinturas representan a paisaxe mariño, veleiros, esceas de praia.. En Camelle expoñense esceas marítimas representativas da comarca de La Turballe pintadas ao óleo. Impartirá un obradoiro de pintura sobre A Paisaxe o dia 19 de abril no Museo Man de Camelle.
René - Claude Migaud Formouse no Centro Cultural Francés de Casablanca. As súas pinturas ao óleo, de connotación inxenua, desafían as perspectivas e subliñan a transición entre o cubismo e o expresionismo. Defínese como un pintor de obradoiro aberto a visitantes. Marrocos e La Turballe influíron neste artista, na cor e a luz que teñen as súas paisaxes, bodegóns e persoaxes, creando un mundo pictórico alegre e poético. Foi galardoado, entre outros, co premio Univers des Arts e medalla de prata da Académie Européenne des Arts.
Realiza moitas exposicións en Francia e contribue á difusión da Arte en Bretaña. Como membro do Consello Cultural de Bretaña e presidente del Collectif Arts de Bretagne que conta con artistas das cinco comarcas históricas de Bretaña
Será o relator da conferencia O pintor de La Turballe e o colectivo Art da Bretagne do xoves 18 no Museo Man de Camelle
O programa de actividades previsto é:
Martes 16
18:00h Inauguración. Actuación musical de Hervé Pavy acompañado de gaita galega
Xoves 18
18:00h Relatorio: O pintor de La Turballe e o colectivo Art da Bretagne. René Claude Migaud.
Venres 19
11:00 a 13:00h Obradoiro infantil. Os faros e o mar. Dominiqie Floc´h17:30 a 19:30h Obradoiro de pintura A Paisaxe . Mestra. Marie Do Pavy
Sábado 20
20:00h Clausura
As persoas interesadas en participar nos obradoiros gratuitos deben inscribirse previamente xa que as prazas son limitadas. Deben rechear a folla de inscrición e entregarla persoalmente no Museo Man de Camelle o na Casa de Pedra.
Tamén poden enviarla asinada ao endereso
museodoman@camarinas.net.
Máis información 981 710 224 / 981 737 004