O Concello

Departamentos

* LISTAXES CONTRATACIÓN TEMPORAL PERSOAL LABORAL E INTERINO DA XUNTA DE GALICIA 13/03/2019

LISTAXES CONTRATACIÓN TEMPORAL PERSOAL LABORAL E INTERINO DA XUNTA DE GALICIA

A Xunta de Galicia vén de publicar unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 28 de febreiro de 2019 pola que acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas ou especialidades.  

Visto o número de contratacións e nomeamentos realizados no ano 2018 e o número de persoas inscritas en cada lista resólvese:  

-  Pechar a incorporación de novas solicitudes ás listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas e especialidades que se indican no anexo I.  

-  Reabrir as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades que se indican no anexo II 

-  Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos,  escalas e especialidades que se atopan abertas e nas que as persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión no período comprendido entre o 1 de marzo e o 15 de xullo deste ano (anexo III)  

- Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades pechadas e nas que soamente se poderán inscribir aquelas persoas que, para a lista correspondente, superasen algunha proba do último proceso selectivo do grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade, ou teñan prestado servizos na Xunta de Galicia (anexo IV)  


Listas que se abren (Anexo II)
    

Persoal laboral: 
o  Director/a de gardaría infantil
o  Terapeuta ocupacional
o  Mestre/a especialista en educación infantil 

Persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais: 
o  Bombeiro/a forestal 

Listas abertas (Anexo III): 

Persoal funcionario:   
o  Escala de veterinarios
o  Escala superior de finanzas
o  Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en lexislación marítima
o  Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos de cultivo acuícola
o  Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima
o  Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira
o  Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo
o  Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica
o  Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas
o  Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en comunicacións
o  Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas
o  Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios
o  Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral
o  Escala técnica de finanzas
o  Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en traballos técnicos de mergullo
o  Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción
o  Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque 

Persoal laboral: 
o Titulado/a superior médico/a. Médico/a xeriatra. Médico/a CEI.     Médico/a adxunto/a. Médico/a 
o  ATS. Enfermeiro/a. Practicante. DUE 
o  Director/a de gardaría infantil 
o  Fisioterapeuta
o  Terapeuta ocupacional
o  Mestre/a especialista en educación infantil
o  Gobernante/a. Gobernante/a servizos domésticos. Encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar
o  Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios.
o  Xefe/a de cociña
o  Técnico/a especialista xardín de infancia
o  Oficial/a 1ª cociña. Oficial 1ª cociñeiro. Xefe/a de cociña. Cociñeiro/a 1ª 
o  Oficial/a servizos técnicos. Oficial 1ª mantemento. Oficial 1ª oficios varios. Oficial de primeira 
o  Sugobernante/a
o  Auxiliar sanitario. Auxiliar clínica. Auxiliar psiquiátrico/a. Auxiliar de enfermaría. Coidador/a xeriátrico. Coidador/a.
o  Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado.
o  Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro / a oficial 2ª   
o  Axudante/a servizos técnicos. Oficial /a 2ª mantemento   

Persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais: 
o  Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada
o  Bombeiro/a forestal
o  Bombeiro/a forestal condutor/a

Requisitos: 
 
Imprescindible ter unha titulación oficial e certificado de lingua galega (consultar requisitos específicos para cada categoría nos enlaces que se sinalan máis abaixo)   

Prazo de solicitude: do 1 de marzo ao 15 de xullo de 2019 

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190228/AnuncioCA01-220219-0004_gl.pdf    

PARA CONSULTAR REQUISITOS, TRÁMITES A REALIZAR E INSCRIBIRSE NAS LISTAS:
http://www.xunta.es/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746  
margarita.seijas@camarinas.net
Luns a venres 8:00 – 15.00


© by Abertal