· A proba, pertencente ao circuíto Correndo pola Costa da Morte, celebrarase este domingo, 10 de marzo.
Outro ano máis a carreira pedestre do Concello de Camariñas continúa a ser das máis concorridas da comarca. Tras pecharse o prazo de inscrición confirmouse que nesta octava edición participarán 814 persoas na proba, que se levará a cabo este domingo, 10 de marzo, a partir das 10 horas.
A carreira de Camariñas é a primeira parada do circuíto Correndo pola Costa da Morte e o seu percorrido atrae a unha gran cantidade de afeccionados a este deporte. Na proba absoluta son 10 quilómetros nos que os participantes gozarán das incribles vistas que ofrecen lugares como o Cabo Vilán co océano atlántico ao fondo.
A saída terá lugar desde a Casa de Pedra e esta é a programación da proba: