O Concello

Departamentos

* ACTUALIZACIÓN PROVISIONAL DE MÉRITOS 2018 LISTAS XUNTA DE GALICIA 07/03/2019

ACTUALIZACIÓN PROVISIONAL DE MÉRITOS 2018 LISTAS XUNTA DE GALICIA

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Facenda publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 28 de febreiro unha resolución pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2018 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

As listas pódense consultar no portal Web corporativo da Xunta de Galicia http://funcionpublica.xunta.gal epígrafe Listas de contratación

As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela) 

Unha vez realizadas as emendas procedentes, darase publicidade das puntuacións definitivas mediante publicación da oportuna resolución no DOG.  

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190228/AnuncioCA01-200219-0002_gl.pdf 

ENLACE PARA CONSULTA-LAS LISTAS: 
http://www.xunta.es/funcion-publica/contratacion-temporal/consulta-das-listas-decreto-37-2006 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746  
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal