O Concello

Departamentos

* 60 ENTRADAS DE BALDE DOS DESFILES DA XXIX MOSTRA DO ENCAIXE 06/03/2019

60 ENTRADAS DE BALDE DOS DESFILES DA XXIX MOSTRA DO ENCAIXE

60 ENTRADAS DE BALDE DOS DESFILES DA XXIX MOSTRA DO ENCAIXE para as 30 primeiras persoas de Camariñas que sigan ao Concello de Camariñas en TokApp e SORTEO de 30 máis entre todas as persoas subscritas.

Consegue unha das 60 entradas dos Desfiles de Moda da Mostra do Encaixe.

Terás dúas oportunidades:
▶️ Ser unha das 30 primeiras persoas de Camariñas que se subscriban ás novas do Concello de Camariñas na app TokApp dende as 00:00 horas do sábado 9 de marzo.
▶️ Mediante sorteo o 1 de abril de 30 máis entre todas as persoas subscritas.

Como instalar TokApp ?
Vai a Google Play Store picando en http://bit.ly/2D7Gxow . Para iPhone entra en https://apple.co/2D7RRku. Na Casa de Pedra podemos axudarte no proceso.

Como sigo ao Concello de Camariñas?

Despois de instalar TokApp no móbil, vai a https://bit.ly/2FI7O68 e pica en Información sobre Camariñas.

Como conseguir unha das 60 entradas?

  • Recibirán unha entrada do desfile da Mostra do Encaixe as 30 primeiras persoas, empadroadas ou nadas en Camariñas, que se subscriban á Información sobre Camariñas en TokApp dende as 00:00 horas do sábado 9 de marzo de 2019 ata o 31 de marzo. TokApp remitirá ao Concello de Camariñas a listaxe das 30 primeiras subscritas desde esa data.
  • O 1 de abril sortearanse 30 entradas máis entre todas as persoas subscritas dende que o concello usa TokApp, excepto as 30 xa premiadas.
  • O concello contactará coas 60 persoas mediante unha mensaxe privada vía TokApp. A persoa contactada terá que responder antes de 48 horas despois de recibir a mensaxe pola mesma vía, indicando o seu nome e DNI/NIE e o da persoa que recollerá a entrada na Casa de Pedra. De non responder nese prazo perderase o dereito á entrada, entregándose esta á seguinte persoa inscrita en Información sobre Camariñas.
  • As entradas recolleranse na Casa de Pedra antes do 6 de abril presentando o DNI/NIE ou o libro de familia.
  • A persoa que recolla a entrada escollerá entre as prazas dispoñibles dos desfiles das mañás do xoves 18, do sábado 20 e do domingo 21 de abril.
  • As persoas subscritas a Información sobre Camariñas en TokApp antes das 00:00 horas do 9 de marzo de 2019, non recibiran entradas de balde, pero participarán no sorteo.
Que é TokApp ?
É unha aplicación de mensaxería instantánea para recibir no teu móbil novas municipais (avisos, ofertas de traballo, actividades, cursos, subvencións, eventos,… ) dunha forma privada, segura e cumprindo coa lei de protección de datos.

Vantaxes de usar TokApp

* O concello non coñecerá o teu número de teléfono
* Sen publicidade e sen mensaxes non desexadas
* Moi poucas notificacións ao mes
* Gratuíta e fácil de usar
* Soporte gratuíto no teléfono 886 080 996

Máis información no 981 737 004, na Casa de Pedra ou en www.camarinas.net.

Descargas relacionadas


© by Abertal