O Concello

Departamentos

* Claudina Mata confirma a súa participación na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas 28/02/2019

Claudina Mata confirma a súa participación na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas

·        A deseñadora granadina repetirá na Mostra por cuarto ano consecutivo.
·        Traerá unha colección exclusiva de vestidos de noiva con encaixe.  

A deseñadora granadina Claudina Mata participará na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas, que este ano alcanza a XXIX edición. A pesar da súa curta idade, con esta xa é a cuarta participación na Mostra, un evento no que está totalmente consolidada.  

Desde o ano 2012, cando lle outorgaron a Mención de Honra no ‘Certamen de Jóvenes Diseñadores Andalucía de Moda’ Claudina non parou de medrar. Á súa traxectoria como deseñadora de exclusivos vestidos de ceremonia para noivas, obtendo o Premio Nacional de Moda en ‘The Brandery-Barcelona’ e o ‘Dedal de Oro a la Alta Costura’, uniu unha carreira televisiva xa consolidade.  

Actualmente está a vivir un proceso de expansión que a sitúa ao nivel das grandes firmas comerciais a nivel nacional no mundo da ceremonia e prêt-à-porter. Claudina amósase namorada de Camariñas e da súa tradición e afirma que “si colaborando con la Mostra puedo aportar un granito y hacer que el encaje no se pierda por supuesto que voy a hacerlo. Me parece impresionante que desde un pueblecito tan pequeño sean capaces de movilizar al mundo entero”.  

Na XXIX Mostra do Encaixe presentará unha colección exclusiva de vestidos de noiva “muy románticas con un toque rústico a la moda y con pinceladas de Camariñas en todos los diseños porque me gusta que mis colecciones lleven ese sello de identidad que es el encaje, que aporta al producto tradición, categoría y calidad ya que está muy valorado”, destaca.


© by Abertal