O pasado sábado, 23 de febreiro, tivo lugar no Museo Man de Camelle a inauguración da exposición 'Imaginatio Mare', de Joan Pascual Roca.
Ademais do autor estiveron presentes a alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua, e o segundo tenente de alcalde, Juan Carlos Canosa. Ata a última fin de semana de marzo poderase visualizar o traballo de este artista catalán, que a través da técnica da pintura con tinta chinesa invita ao expectador a somerxerse dunha maneira case existencial no ecosistema mariño.
Ao remate do acto de inauguración o artista fotografiouse xunto a figura en homenaxe a Man cun grupo de visitantes de Baleares.