A área de Igualdade do Concello de Camariñas e o I.E.S Pedra da Aguia de Ponte do Porto, organizan o primeiro concurso de curtametraxes realizados polo móbil
A Igualdade: Missión Possible
Esta actividade participativa de sensibilización e de prevención ten como pretensión principal que a mocidade desenvolva a súa creatividade por medio de visibilizar a situación de desigualdade que viven moitas mozas en situacións cotiás na nosa sociedade por medio do uso das novas tecnoloxías. Preténdese que o alumnado participante forme parte de todo o proceso de elaboración da peza e sexa protagonista do seu propio aprendizaxe.
Das catro curtametraxes resultantes elixiranse as dúas mellores, por medio dun premio a mellor curtametraxe elixida por un xurado especializado e un premio ao mellor corto elixido polo público. Os premios non poderán ser acumulativos. Se o premio do público coincide na curtametraxe galardoada polo xurado, será a seguinte en orden de votación a que obteña o premio.
As catro curtametraxes poderán visionarse no blog da biblioteca do I.E.S Pedra da Aguía pedradaaguia.blogspot.com e na web oficial do concello camarinas.net.
Xa sabedes visionade as curtametraxes, votade e implicádevos!!!!!!!!
Prazo ata o 20 de xuño.
1. A VENDA
2. NA OFICINA
3. PASEO VERANIEGO
4. UN DIA DE FUTBOL