O Concello

Departamentos

* PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA 20/02/2019

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA

Sae publicada no DOG do 19 de febreiro de 2019 a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Información publicada:

- Solicitantes admitidos/as na lista con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 e 9 bis do Decreto 37/2006.  

- Solicitantes excluídos/as con expresión da causa de exclusión   

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación da resolución
no DOG (Diario Oficial de Galicia).   

As listas poden consultarse no portal corporativo da Xunta de Galicia, no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012 e nas oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza).

As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes,
contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, e deberán consignar o nome e apelidos, NIF, número de conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, e copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa. 

Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante o Conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG. 

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190219/AnuncioCA01-120219-0005_gl.pdf

CONSULTA DAS LISTAS:
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 
C
ASA DE PEDRA  
981737004 / 653260746 
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal