·As actividades desenvolveranse os días 2 e 3 de marzo, de 11:00 a 13:00 horas.
·O obxectivo destas actividades é fomentar a aprendizaxe mediante a experimentación persoal.
·Nos obradoiros poderanse elaborar máscaras, xogos e aprender a elaborar un bálsamo labial libre de tóxicos.
O Museo Man de Camelle, de Camariñas, organizará os días 2 e 3 de marzo uns obradoiros polo Entroido. O obxectivo principal do programa é o fomento da aprendizaxe mediante a experimentación persoal.
As persoas inscritas poderán realizar máscaras ou un bálsamo labial libre de tóxicos. Tamén haberá xogos. Este compendio de actividades permitirán poñer en práctica as artes prácticas, pero tamén poñer en valor o consumo responsable.
O obradoiro de máscaras será o día 2 de marzo, de 11:00 a 13:00 horas. O de elaboración de bálsamo labial, o día 3 de marzo co mesmo horario, de 11:00 a 13:00 horas.
Para inscribirse nestes obradoiros, as persoas interesadas poden enviar un correo electrónico ao enderezo museodoman@camarinas.net, ou chamar ao teléfono 665 133 864. Os rapaces e as rapazas menores de idade deberán ir acompañados dunha persoa adulta.