O Concello

Departamentos

* Dolores Cortés confirma a súa participación na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas 20/02/2019

Dolores Cortés

Dolores Cortés confirma a súa participación na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas

·        A deseñadora valenciana repetirá na Mostra tras acudir o ano pasado por primeira vez.
·        Traerá a Camariñas a colección con encaixe que presentou na Madrid Fashion Week.  

A reputada deseñadora valenciana Dolores Cortés participará na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas, que este ano alcanza a XXIX edición. Dolores, que debutou o ano pasado na Mostra, repetirá asistencia e amosouse “encantada de que me invitaran después de lo vivido el año pasado, me encantó Camariñas y sus alrededores, no lo conocía y disfruté mucho”.  

Dolores Cortés traerá este año a Camariñas unha colección primavera -verán 2019 formada por seis pezas de baño. Catro destas, en cor amarelo mostaza, presentáronse na Madrid Fashion Week 2018 e estaban realizadas con encaixe de Camariñas e as outras dúas serán novas creacións deseñadas en exclusiva para a Mostra.  

A deseñadora amosou a súa admiración polo traballo que se fai na Mostra e explicou que “me encantó ver a las palilleiras y a las niñas palillando, me parece una cosa muy bonita el esfuerzo que se hace por mantener una tradición preciosa”.  

Ademais, valorou positivamente o efecto do encaixe na moda xa que para ela “el encaje le da a mis piezas un ambiente sofisticado, lo puedes utilizar para muchas cosas”.


© by Abertal