O Concello

Departamentos

* Camariñas presenta en MIMOC o cartel e o spot da XXIX Mostra do Encaixe 18/02/2019

Camariñas presenta en MIMOC o cartel e o spot da XXIX Mostra do Encaixe

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, agradeceu á Deputación da Coruña pola súa colaboración durante os últimos 29 anos.  
A XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas celebrarase do 17 ao 21 de abril de 2019.    

Hoxe, sábado 16 de febreiro, o stand da Deputación da Coruña en MIMOC (Muestra Internacional del Mundo del Ocio) acolleu a presentación do cartel e do spot da XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas.  

A promoción correu a cargo da alcaldesa, Sandra Insua, que aproveitou a ocasión para convidar aos alí presentes a tomar parte no evento, que se celebrará entre o 17 e o 21 de abril de 2019. Así mesmo, a rexedora agradeceulle á Deputación da Coruña a súa colaboración, non só nesta edición, senón tamén ao longo de toda a historia do evento.    

En representación da Deputación, o deputado Antonio Leira manifestou o compromiso por parte do ente provincial coa Mostra do Encaixe, á que calificou como un acontecemento cunha gran historia e con moita relevancia.

A continuación, tivo a quenda Marcos Barrios Carreira, da produtora MBC Audiovisuales, que foi o encargado de presentar o exitoso spot da Mostra. A proxección acadou un grande éxito entre o público asistente.  

Ao acto asistiron tamén o concelleiro da Mostra, Sergio Caamaño, a directora da Mostra, Dolores Lema e dúas palilleiras das asociacións Puntillas e Rendas que farán, ao longo de toda a fin de semana, demostracións do encaixe de Camariñas.  

Na Mostra os visitantes gozarán de actuacións musicais, monólogos, e como non, da exposición e venda de Encaixe de Camariñas.


© by Abertal