A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e Ordenación Universitaria, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 4 de febreiro as probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais para o ano 2019.
Carnés profesionais:
-Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
-Carné profesional de operador / a de guindastre torre
-Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A
-Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B
Habilitacións profesionais:
-Operador / a industrial de caldeiras
-Instalador / a de gas, categoría A
-Instalador / a de gas, categoría B
-Instalador / a de gas, categoría C
-Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I
-Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II
-Reparador /a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III
-Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados
-Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados
-Manipulador /a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados
-Manipulador /a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
REQUISITOS:
- Estar en idade legal laboral ou ter a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.
- Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.
TAXAS DE EXAME: 39,78 €
PRAZO:
- Primeira convocatoria: do 18 de febreiro ao 1 de marzo de 2019 (ambos os dous incluídos)
- Segunda convocatoria: do 1 ao 12 de xullo de 2019 (ambos os dous incluídos)
IMPORTANTE: Na primeira convocatoria non se convocan probas para a obtención de todos os carnés e habilitacións profesionais recollidas nesta orde. Consultar no DOG cales son os convocados.
ORDE DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190204/AnuncioG0534-240119-0002_gl.pdf