O Concello

Departamentos

* Camariñas recolle en 2018 máis de 6 toneladas de roupa para darlle un segundo uso 11/02/2019

Camariñas recolle en 2018 máis de 6 toneladas de roupa para darlle un segundo uso

·        O Concello firmou a finais de 2017 un convenio con Cáritas para levar a cabo este servizo.  

O Concello de Camariñas xa recibiu os datos da recollida de roupa que se efectuou durante todo o 2018 nos puntos habilitados para tal fin. Foron un total de 6.472,30 quilos de residuo téxtil os que se depositaron nos colectores de Camariñas (fronte ao Concello), Xaviña (na praza da Igrexa) e en Camelle (na Area do Bote).  

En novembro de 2017 o goberno local firmou un convenio con Cáritas Diocesana de Santiago para a recollida e tratamento do residuo textil.  A roupa depositada polos veciños e veciñas despois é clasificada por Arroupa, unha empresa colaboradora de Cáritas. Se é reutilizable entrégase a persoas que a necesitan, envíase a terceiros países ou véndese nas tendas de segunda man. Se non o é, envíase a plantas de reciclaxe.


© by Abertal