O Concello

Departamentos

* PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS 08/02/2019

PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 30 de xaneiro pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos. 

Requisitos das persoas aspirantes: 

- Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2019
- Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
- Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2018/19


O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

Os/as aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.

Poderanse matricular tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais, os/as aspirantes que teñan superadas as materias xerais e as materias troncais de opción propias da modalidade de Artes.

Prazo de presentación de solicitudes: do 25 de febreiro ao 11 de marzo de 2019

Resolución do DOG: 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190130/AnuncioG0534-180119-0001_gl.pdf 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746   
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 - 15:00     


© by Abertal