· A alcaldesa Sandra Insua púxose en contacto co xerente do Sergas para coñecer as intencións para o municipio.
A redución dunha hora e media na xornada do pediatra de Camariñas e a alarmante situación que padecen moitos Concellos de Galicia pola reiterada ausencia deste servizo fixo que a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, se puxese en contacto co xerente do Sergas, Luis Verde, para aclarar a situación e coñecer os plans da Consellería de Sanidade para o municipio.
Durante o transcurso da conversación, Luis Verde asegurou que Camariñas continuará contando co servizo de pediatría durante todos os días da semana cunha atención continuada de 4 horas.
Sandra Insua agradeceu ao xerente do Sergas que “sempre atenda as miñas chamadas” e a xestión para que o Concello de Camariñas non quede sen o servizo de pediatría pero manifestoulle que “os cidadáns reclaman que se recuperen todas as horas”.
Ademais, asegurou que “desde o Concello estaremos atentos a todos os movementos que poida haber e non permitiremos máis reducións, entendemos que a situación é complicada pero estamos a falar dun servizo esencial para a cidadanía”