O Concello

Departamentos

* PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2019 01/02/2019

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2019

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 25 de xaneiro as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medioRequisitos:
-          Persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a un ciclo formativo de grao medio e teñan 17 anos ou os fagan durante o 2019 
Prazo de inscrición: Do 7 ao 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.


Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
Requisitos:
-          Persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a un ciclo formativo de grao superior e teñan 19 anos ou os fagan durante o ano 2018
Prazo de inscrición: Do 28 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos. 

ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190125/AnuncioG0534-100119-0001_gl.pdf 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746   
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 - 15:00     


© by Abertal