· Están dirixidas ao estudantado e levaranse a cabo durante o mes de febreiro.
· O 8 de marzo terá lugar o acto principal.
A área de Igualdade do Concello de Camariñas, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller que terá lugar o 8 de marzo, levará a cabo durante o mes de febreiro unha serie de actividades para fomentar a igualdade dirixidas aos estudantes do municipio.
Así, todos os mércores de febreiro no CEIP ‘O Areal’ de 9:30 a 12 horas e os xoves no CEIP Plurilingüe Ponte do Porto de 10 a 11:40 horas, a educadora social e técnica de Igualdade do Concello, Isabel Lista, organizará varios talleres con distintas temáticas relacionadas coa corresponsabilidade nas tarefas do fogar, a igualdade, o machismo ou para lembrar os logros das mulleres ao longo da historia.
Ademais, tamén se van a levar a cabo durante o mes de febreiro unhas clases de Defensa Persoal Krav Maga TML no IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto dirixida a alumnas de secundaria. Estarán impartidas por Roberto Soto Ameal do Ximnasio Zona Xtreme de Ponte do Porto.
Por último, o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, celebrarase un acto en Camariñas para conmemorar ese día sobre o que se ampliará información proximamente.