A oficina do consumidor de Camariñas informa e tramita reclamacións de persoas consumidoras ante as deficiencias dos servizos das empresas eléctricas ou os problemas de medición- lecturas de consumo eléctrico, facturas emitidas ou cortes indebidos.
A OMIC de Camariñas quer divulgar as obrigas das eléctricas segundo RD 1955/2000 do 1 de decembro no seu artigo 103 2 letra d. As empresas eléctricas están obrigadas a responder as reclamacións en 5 días hábiles para usuarios/as con contrato de menos de 15Kw en un máximo de 15 días para o resto. Si a empresa non responde neste prazo o/a usuario/a poderá reclamar una indemnización de 30€ ou do 10% do importe da factura seguinte á data da reclamación realizada (pode elixir a cantidade maior das dúas opcións).
Se desexa máis información pode contactar coa OMIC Camariñas na Casa de Pedra de Camariñas. Praza Insuela S/N , tfn: 981737004, enderezo electrónico info@camarinas.net. Tamén en , www.ucgal.org