O Concello

Departamentos

* Camariñas inicia o procedemento para escoller Xuíz de Paz 24/01/2019

Camariñas inicia o procedemento para escoller Xuíz de Paz

·        O prazo para presentar as candidaturas finalizará o 13 de febreiro.  

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou a convocatoria para iniciar o procedemento de elección do Xuíz de Paz titular do Concello de Camariñas. O prazo para presentar as distintas candidaturas finalizará o vindeiro 13 de febreiro.  

Os requisitos para optar a este posto son ser español, maior de dezaoito anos e non estar incurso en ningún tipo de causa xudicial ou haber sido condenado ou inculpado por delitos dolosos. Os interesados presentarán no Rexistro Xeral a correspondente instancia dirixida a Alcaldía e, posteriormente, o pleno decidirá o candidato escollido.


© by Abertal