O Concello

Departamentos

* Xornada para concienciar sobre a reciclaxe en Camariñas 09/01/2019

Xornada para concienciar sobre a reciclaxe en Camariñas

·        Terá lugar este sábado, 12 de xaneiro, de 10:30 a 14 horas no Mercado de Camariñas.  

O Concello de Camariñas acollerá este sábado, 12 de xaneiro, unha xornada formativa organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para concienciar a cidadanía sobre a importancia da reciclaxe de residuos titulada ‘Separar con xeito para reciclar a feito!’    

De 10:30 a 14 horas, no Mercado de Camariñas, instalarase unha carpa informativa para orientar e axudar á cidadanía a recoñecer correctamente os residuos que son obxecto de reciclado a través dos contedores amarelo (envases lixeiros) e azul (papel e cartón), así como animalos a realizar o seu depósito nos contedores correspondentes que atoparán no punto de información.


© by Abertal