O Concello

Departamentos

* PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA 20/12/2018

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA

Sae publicada no DOG do 19 de decembro de 2018 a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Todas aquelas persoas que se anotaron este ano nas listas deben comprobar canto antes a súa situación xa que se abre un prazo de reclamacións. 

Información publicada:


- Solicitantes admitidos/as na lista con indicación da   puntuación provisional.  
- Solicitantes excluídos/as con expresión da causa de exclusión 
  
Prazo de reclamacións:
 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia).   

As reclamacións presentarante ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela)

No suposto de que algunha das persoas solicitantes provisionalmente excluídas non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión quedará definitivamente excluída.
    
As listas poden consultarse no portal corporativo da Xunta de Galicia e nas oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza). 

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181219/AnuncioCA01-141218-0001_gl.pdf

CONSULTA DAS LISTAS:
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA  981737004 / 653260746 
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal