O Concello

Departamentos

* RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS 17/12/2018

RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS

CONVOCATORIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA 

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou unha orde no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 12 de decembro de 2018 pola que se realiza a primeira convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. 

Convocadas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:  

Servizos para o control de pragas SEA028_2
Xestión de servizos para o control de organismos nocivos SEA251_3
Extinción de incendios e salvamento SEA129_2
- Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural SEA595_2

Requisitos:
 

  • Nacionalidade española, residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
  • Ter 20 anos feitos no momento de realizar a inscrición.
  • Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar. 
  • Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria.
  • Formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que consideren unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes.      
  • Non estar matriculado /a nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modular ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
  • Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/es de competencia que solicita, nin os seus equivalentes ou a acreditación parcial da/s unidade/s de competencia que solicita.
  • Non estar inscrito/a noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia.
Prazo: Do 13 de decembro de 2018 ó 04 de xaneiro de 2019 (inclusive)

IMPORTANTE:  

Aquelas persoas que quedaron na lista definitiva de persoas en lista de espera da convocatoria publicada a través da Orde do 30 de decembro de 2016, na cualificación profesional de Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural, NON teñen que presentar nin nova solicitude nin ningunha documentación, só terán que formalizar o pagamento das taxas. 

A partir do 13 de decembro a través da páxina web da consellería http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-reconecemento-experiencia-profesional indicarase o lugar, a data e a hora onde terá lugar a primeira reunión de asesoramento para cada persoa candidata.

ENLACE Á ORDE DO DOG:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181212/AnuncioG0424-041218-0001_gl.pdf 

INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA:
http://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0146.html

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL DO CONCELLO 
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746   
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 - 15:00     


© by Abertal