O Concello

Departamentos

* Camariñas inaugura o Nadal co acendido da iluminación e cun encontro de corais 05/12/2018

Camariñas inaugura o Nadal co acendido da iluminación e cun encontro de corais

Mañá, xoves 6 de decembro, terá lugar o acendido da iluminación de Nadal en Camariñas. Será na praza da Insuela ás 18.00 horas.

Camariñas inaugura o Nadal co acendido da iluminación e cun encontro de corais

O Concello de Camariñas inaugurará mañá, xoves 6 de decembro, as festas do Nadal, e o fará por medio do acendido da iluminación e do VI Encontro de Corais.

Así, a praza da Insuela acollerá, ás 18.00 horas, o prendido das luces do Nadal. Como parte do acto levarase a cabo tamén un encontro de corais no que actuarán a Polifónica San Salvador de Pazos, a Rondalla de Cariño e a agrupación Brisas do Mar de Camariñas.

Desde o Concello animan a todos os veciños e veciñas a tomar parte nesta actividade que suporá o inicio das festas de Nadal no municipio camariñán.


© by Abertal