O Concello

Departamentos

* Maxia, contacontos, teatro, risas e moita ilusión no Nadal de Camariñas 05/12/2018

Maxia, contacontos, teatro, risas e moita ilusión no Nadal de Camariñas

·        O programa de actividades dará comezo coa chegada de Papá Noel e finalizará coa cabalgata dos Reis Magos.  

O Concello de Camariñas presentou a súa programación cultural para este Nadal, chea de opcións para que os máis pequenos o pasen en grande nestas festas. A maxia, os contacontos, os espectáculos teatrais ou cómicos e a ilusión ocupan a variada oferta de actividades elaborada polo goberno local.  

O programa de actividades dará comezo o 22 de decembro coa chegada de Papá Noel e finalizará coa cabalgada dos Reis Magos do 5 de xaneiro. Entre tanto, un teatro de marionetas, un espectáculo de maxia, contacontos ou espectáculos cómicos farán gozar ás nenas e nenos do municipio.

Descargas relacionadas


© by Abertal