O Concello

Departamentos

* Aprazada a Fin de Semana dos Naufraxios, salvo a Ofrenda Floral e o Magosto 09/11/2018

Aprazada a Fin de Semana dos Naufraxios, salvo a Ofrenda Floral e o Magosto

Novas datas: do 16 ao 18 de novembro

O forte temporal que afectará a toda Galicia durante esta fin de semana obrigou ao Concello de Camariñas a aprazar as actividades programadas ata a fin de semana do 16 ao 18 de novembro.

Só se manterá para o sábado, 10 de novembro, ás 22 horas a Ofrenda floral aos náufragos da Costa da Morte e do Serpent que terá lugar no Cemiterio dos Ingleses e que correrá a cargo da Real Liga Naval Española, da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e do cura de Camariñas.

Por outra banda, o sábado ás 18 horas tamén se celebrará o Magosto na Praza do Mercado de Camariñas, que está organizado pola Comisión de Festas do Carme de Camariñas.

Nas próximas datas farase público o novo programa da ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ que se celebrará do 16 ao 18 de novembro.


© by Abertal