Camariñas prepárase para unha ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ con propostas gastronómicas, culturais e turísticas
· As teatralización serán ás 21:00h o venres 16 en Camelle con Naufraxios en Camelle e o sábado, 17 de novembro, terá lugar a teatralización Noite dos Naufraxios no cemiterio dos ingleses
· Do venres 16 ao domingo 18 haberá unha Ruta de Tapas na que participan máis de 20 establecementos.
· Levaranse a cabo Rutas dos Naufraxios para escolares e adultos e haberá relatorios e actividades para nenos e nenas
O Concello de Camariñas vivirá unha fin de semana repleta de propostas gastronómicas, culturais e turísticas. Do 16 ao 18 de novembro celébrase a Fin de Semana dos Naufraxios’, un evento que pretende reivindicar a historia do municipio a través de diferentes actividades.
Este ano, posposto pola alarma laranxa de temporal, celebrase unha semana despois do aniversario da traxedia do ‘HMS Serpent’, no que o cruceiro da Royal Navy afundiuse en 1890 no corno da Punta do Boi deixando 173 vítimas. O Cemiterio dos Ingleses acollerá o sábado, a partir das 21 horas, unha representación teatral organizada polo Concello en colaboración coa Deputación da Coruña. E tamén o venres en Camelle poderá asistir á teatralización dos Naufraxios en Camelle que terá lugar no peirao ás 21:00h
Ademais, os veciños e visitantes de Camariñas poderán degustar durante todo o fin de semana a ‘Ruta de Tapas dos Naufraxios’ na que máis de 20 establecementos participantes ofrecerán, por 1 euro, tapas relacionadas cun barco naufragado. Participan nesta ocasión A Ría, Bar Playa, Bar Victoria, A Moleda, Belmar, Oasis, As Vegas, Confitería Camariñas, Taberna do Bico, Club Náutico, A Molinera, Bar Paella, Marítimo, Pizzería A Xunqueira, Pizzería Brasil, Casa Trabeiro, CunKcafé, La Tavernetta, Bar Rojo e O Ariño.
Para aqueles que enchen o cupón con selos dun mínimo de 6 das tapas participantes o Concello de Camariñas sorteará 210 euros en premios. Un primeiro premio de 120 euros, un segundo de 60 euros e un terceiro de 30 euros. Ademais, todas as persoas que selen as 6 primeiras tapas recibirán un agasallo dunha viseira. O horario para probar as tapas da ruta é de 12 a 14:30 horas e de 19 a 21:30 horas.
Por outra banda, haberá o domingo unha andaina guiada para adultos cunha temática que xirará en torno aos naufraxios en Camariñas. É imprescindible anotarse previamente polas mañás no 981 737 004 ou no correo electrónico turismo@camarinas.net.
Relatorios en Camelle e Camariñas achegaranos ás historias de naufraxio e rescates e para os máis pequenos obradoiros e actividades o sábado.
Consulta o programa ou informate no 981737004 turismo@camarinas.net