O Concello de Camariñas convoca axudas para os gastos de desprazamento dos veciños que asistan diariamente a un centro ocupacional e teñan unha minusvalía igual ou superior ó 33%.
Para solicitar esta axuda deberán presentar, no departamento de Servizos Sociais, a seguinte documentación:
Ø DNI
Ø Certificado de minusvalía.
Ø Certificación bancaria co número de conta a nome do solicitante.
Ø Certificación do centro que acredite desde cando están inscritos e que se desprazaron diariamente ao longo deste ano.
O prazo remata o vindeiro día 20 de maio de 2011
Para máis información poden dirixirse ó departamento de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde do Concello, situado na casa de pedra.
Lembrámoslles que deben pedir a cita previa persoalmente ou chamando ó teléfono núm. 981 73 70 04.
Camariñas, 9 de maio de 2011 A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde
Mari Carmen Linares Chica