O Concello de Camariñas inicia un novo curso escolar cunha mochila ateigada de actividades para tódalas idades. Actividades para afeccionados ao baile, á música, ao canto á lectura, á artesanía, ao teatro e por suposto ao deporte e á preparación física.
Se estás interesado xa podes inscribirte na biblioteca municipal ou no servizo de deportes.
Inicio das actividades o 1 de outubro.
Apuntate connosco, na variedade está o gusto.