No momento que se está a piques de pasar o Ecuador do Obradoiro, que está a levar a cabo o Concello de Camariñas, nas dúas primeiras quendas levan participado nel, 145 rapaces e rapazas nados entre os anos 2014 e 2004, ambos incluídos.
A terceira e cuarta quenda irán dende o día 3 de agosto ata o 31 do mesmo mes.
Co obxectivo de facer partícipe a todos e todas as nenas e nenos do Concello, hai un bus que os recolle nas diferentes parroquias para acercalos a Camariñas e unha vez na parroquia de Camariñas se desenvolvan diferentes actividades acordes ás idades que participan nel.
Dentro desas actividades hai saídas en bus a Camelle, Xaviña, Ponte do Porto, para desenvolver actividades deportivas e culturais.
Toda persoa interesada nas futuras quendas, pode tramitar a súa solicitude no Departamento de Deportes do Concello de Camariñas. Para máis información, poden chamar ao teléfono do Concello de Camariñas 981 736 000.