O Concello

Departamentos

* INFORMACION PARA EMPRESAS E UNIVERSITARIOS/AS INTERESADOS/AS 12/05/2011

INFORMACION PARA EMPRESAS E UNIVERSITARIOS/AS INTERESADOS/AS

A Fundación Universidade da Coruña(FUAC) abre os prazos para alumnado e empresas que desexen participar nos programas de prácticas en empresa.

Dentro destes programas atopamos as practicas TEMPUS que se realizan só nos meses de verán (xullo a setembro). O prazo para empresas ou entidades é ata o 11 de xuño de 2011 e para alumnado ata 15 de xuño de 2011. Os requisitos e condicións para as empresas colaboradoras son:

A duración das practicas será de entre 2 e 3 meses. Poden ser a tempo completo ou a media xornada.

A empresa aboará á persoa en practica unha axuda económica mínima de 450€/mes (a tempo completo), e asumirá o custe do seguro e gasto de xestión e tramitación (8%, da axuda económica de practica,cando acolla ata 2 estudantes e 6% se acolle a máis de 2) máis o IVE do seguro e gastos de xestión.

A persoa de practicas non poderá substituír a ningún traballador/a da empresa ou entidade e esta ultima deberá contar cunha persoa na súa plantilla que exerza de titor/a.

Os requisitos para universitarios/as son, ademais de cumprir os requisitos determinados pola empresa colaboradora:

Ser galegos ou residir en Galicia e estar matriculados/as en doctorados, máster e cursos de especialización de postgrao ou ter superado 50% dos créditos necesarios para obtención do título. 

Máis información:

Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas  ou directamente na Unidade de emprego e formación da Universidade: 981 16 70 00


© by Abertal