O Concello

Departamentos

* LISTAS SERGAS. RELACIÓN PROVISIONAL ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO 24/07/2018

LISTAS SERGAS. RELACIÓN PROVISIONAL ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO

O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 20 de xullo de 2018 unha resolución pola que se publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

Categorías: 


- Enxeñeiro / a técnico / a

- Grupo de xestión da función administrativa

- Grupo técnico da función administrativa

- Técnico / a de grao medio en prevención de riscos laborais

– Técnico / a superior en prevención de riscos laborais

- Técnico / a especialista de sistemas e tecnoloxías da información

- Técnico / a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información

- Técnico / a superior de sistemas e tecnoloxías da información

As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es 

Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180720/AnuncioG0003-130718-0001_gl.pdf

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Novo-pacto-sobre-selección-de-persoal-estatutario-temporal-no-ámbito-do-Servizo-Galego-de-Saúde-e-entidades-públicas

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00


© by Abertal