A Consellería do Medio rural vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 25 de xuño unha resolución pola que se convocan para a realización das probas físicas e de agudeza visual os integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga.
Proba do banco. Categorías:
- Técnico/a superior de defensa contra incendios forestais
- Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais
- Bombeiro/a forestal xefe de brigada
- Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba
- Bombeiro /a forestal condutor- Bombeiro/a forestal
Proba de agudeza visual. Categorías:
- Vixilante fixo /a
As persoas aspirantes deberán acudir á realización da proba provistas do DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un / unha colexiado / a en exercicio en que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. O dito certificado deberá ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.
Lugares de realización das probas:
A Coruña: Pavillón Polideportivo Monte Alto; rúa Alcalde Sanjurjo, s/n.
Lugo: Pistas Deportivas Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras); rúa Fihlarmónica Lucense s/n.
Ourense: Pavillón Polideportivo da Comisaría de Policía. As Lagoas s/n.
Pontevedra: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Avenida Fernández Ladreda 43
Horario: Comezarán ás 8:30
As persoas aspirantes poderán consultar o día e o lugar de realización das probas na páxina web da consellería de Medio Rural http://mediorural.xunta.gal
As persoas aspirantes realizarán as probas na provincia do domicilio indicado na súa solicitude de inscrición nas listas.
As persoas que teñan domicilio fóra de Galicia poderán realizar as probas en calquera das provincias en que pretendan traballar.
A data de realización das probas será determinada pola orde alfabética dos apelidos das persoas aspirantes sendo a seguinte para cada provincia:
Data Letra apelido
2 xullo 2018 A-B-C
3 xullo 2018 D-E-F-G-H-I
4 xullo 2018 J-K-L-M-N-Ñ-O-P
5 xullo 2018 Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z
Máis información:Consellería do Medio Rural
http://mediorural.xunta.gal/
Resolución do DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180625/AnuncioG0426-190618-0002_gl.pdf
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 14:00