O Concello

Departamentos

* Convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación 12/06/2018

Convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación

A Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 11 de xuño unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Destinatarios / as:
 Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición 

Número de prazas: 180 

Duración: 12 semanas (190 horas lectivas) 

Modalidade:
 teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT 

Datas de realización:
 do 3 de setembro ao 25 de novembro de 2018 

Inscrición:
 na páxina web de CeMIT https://cemit.xunta.gal Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario / a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico 

Prazo:
 5 días hábiles a partir do seguinte da publicación da resolución no DOG. 

Taxa:
 As persoas admitidas provisionalmente deberán aboar no prazo de cinco días hábiles dende a publicación das correspondentes listaxes unha taxa de 10,20 euros correspondentes ós dereitos de exame, sendo excluídas aquelas persoas que non aboen a citada taxa. Estarán exentas do pagamento da dita taxa as persoas con dereito a matriculación incluídas dentro dos supostos recollidos no artigo 23.10 da Lei 6/2003, de taxes, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia

Resolución do DOG:
 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180611/AnuncioG0177-300518-0001_gl.pdf 

MÁIS INFORMACIÓN:
 https://cemit.xunta.gal 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746 
margarita.seijas@camarinas.netLUNS A VENRES: 9:00 – 15:00


© by Abertal