O Concello de Camariñas coa colaboración da Deputación da Coruña, organiza no alto da Virxe do Monte, no monte Farelo, a recreación dos ritos que saudaban a chegadado verán, co solsticio de verán: Noite de Solpor
O evento gratuíto, ao que se convida a tódolos vecinos e veciñas que desexen asistir, ofrecerá unha recreación “dos ritos cos que os nosos ancestros celebraban as colleitas, o sol e a auga” segundo describe un dos seus protagonistas, Bernardino Martínez. O tratarse do día mais longo e a noite mais curta,“tratábase de axudar ao sol” a voltar a renacer, coa realización dunha serie de actos. Este e outros ritos celebraban a relación dos humanos coa natureza.
Este ano o evento será o xoves 21 de xuño. A veciñanza pode compartir a súa cea no Monte Farelo ás 21:30h onde haberá música e ás 22:30 comezará un espectáculo de Dequenquen Teatro, organizado polo concello, coa presenza de actores camariñáns. Neste atardecer máxico no que se volve a celebrar un ano máis a chegada dun novo verán dende o alto do Monte Farelo, na Virxe do Monte, en Camariñas tal ecomo facían os nosos antergos.
Mais información 981737004
turismo@camarinas.net