O Concello de Camariñas abre o prazo para a selección de tres técnicos/as para a oficina de turismo de Camariñas ao abeiro da subvención outorgada pola Deputación da Coruña.
Serán un técnico a xornada completa cunha duración de contrato ata fin de ano e dous técnicos a tempo parcial durante tres meses.
O prazo para presentar candidaturas é de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da
convocatoria no taboleiro de anuncios do Concello.
Máis información e bases no taboleiro de anuncios
https://sede.camarinas.net/gl/informacion/tablon/