Do 23 ao 28 de maio estará en Camariñas unha delegación do Concello francés de La Turballe. Preside esta delegación o alcalde de La Turballe Jean Pierre Blancherau e a presidenta Dominique Floc´h da asociación de irmandamento La Turballe Cap Camariñas. Dentro desta delegación tamén nos visitará unha embarcación que realiza o recorrido por mar ata o porto deportivo do Club Naútico do noso concello por primeira vez.
A delegación ten un programa moi intenso xa que durante a súa estancia tamén se achegaran a coñecer a Costa da Morte. As actividades en Camariñas concentrase na fin de semana do 25 ao 27 de maio e ten como obxectivo facilitar o coñecemento mutuo das cidadanías e o tecido asociativo local e promover intercambios culturais, educativos, deportivos, turísticos, social e económico que afiance os lazos de amizade e cooperación.
O Programa previsto é:
Venres 25 de maio.
8:30 Saúdo oficial ao grupo
9:00 Saída do grupo para Costa da Morte. Visita guiada pola empresa local Vive a Costa da Morte
10:00 Visitas ao tecido industrial de Camariñas para o grupo de representantes do concello La Turballe
10:00 Visita a la empresa acuícola Stol Sea Farm
11:00 Visita a la conservera Cerdeimar y su museo de la conserva
16:00 Visita industria Gallego Pereira
17:30 Visita escola municipal de palilleiras e asociacións de palilleiras de Camariñas
19:00 Visita e intercambio coa directiva do Clube Naútico de Camariñas
Sábado 26 de maio.
08:30 Visita “Camiñando por Camariñas” guiada pola empresa local Vive a Costa da Morte
11:00 Acto de recepción oficial do Pleno municipal na Casa Consistorial. Acto que pecharase cunha actuación do grupo folklórico de la Turballe e o Coro de Camariñas
12:00 Visita ao punto de información sobre La Turballe na Biblioteca. Presentación da actividade o Berberecho Rebecho viaxa a La Turballe polos propios nenos que participaron. Intercambio de debuxos
12:30 “Os sabores da nosa lingua” intercambio gastrocultural. Plaza del Mercado. Actividade de promoción da lingua e a cultura galega realizada en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
A asociación cultural O Canxorriño de Camariñas colabora nesta actividade na que se realizaran e degustarán crêpes, galletes, filloas, pan de ovo e rosquillas. Ademais de presentar os produtos das panaderías e pastalerías locais:: Barcia, Camariñas, Garrote, Perla y Silvina Postres Artesanos.
14:30 Comida de recepción do grupo no Faro Vilán
17:00 Escola Baile Latino. Actuación fin curso na Casa de Pedra
18:00 Visita guiada polas parroquias de Camariñas e ruta das mariscadoras.
Domingo 27 de maio.
9:30 Saída de la Carreira Oficial de bicicletas: “BTT de Camariñas”
11:00 Saída do autobús para a festa Foxo dos Lobos dende a praza do Concello
11:30 Foxo dos Lobos: recreación da batida del Foxo dos Lobos (participación do público e a delegación de La Turballe)
13:30 Comida campestre e música da Turballe e Camariñas
17:00h Actuación da Escola de Música de Camariñas na Casa de Pedra
19:00 Encontros musicais Camariñas-La Turballe
21:00h Cea de gala.