O Concello

Departamentos

* OS SABORES DA NOSA LINGUA. CAMARIÑAS 26 DE MAIO. 12:30H PRAZA DO MERCADO 14/05/2018

OS SABORES DA NOSA LINGUA. CAMARIÑAS 26 DE MAIO. 12:30H PRAZA DO MERCADO

O Concello de Camariñas en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a asociación La Turballe Cap Camariñas organiza este Obradoiro de cociña e lingua galega para dar a coñecer e promover o uso turístico da lingua galega dun xeito lúdico e dinámico

Na Praza do Mercado de Camariñas o 26 de maio das 12:30 ás 13:30 horas desenvolverase este Obradoiro de intercambio de receitas tradicionais e iniciación á lingua galega dirixido a 80 participantes e turistas franceses do concello de La Turballe. Neste Obradoiro as actividades que se desenvolverán serán

·         Emprego da lingua galega na programacion, promoción e desenvolvemento de toda a actividade
·         Elaboración, reparto e publicación impresa e on line de receitas tradicionais de cociña
·         Identificación mediante carteis en galego de tódolos ingredientes, materiais e utensilios empregados no obradoiro,
·         Publicación nas redes sociais e nas web dos concellos de La Turballe (Francia) e Camariñas
·         Entrega aos participantes das receitas en galego e dun manual básico de emprego da lingua galega para visitantes e empresas de hostalería participantes
·         Realización en directo das receitas tradicionais de La

As persoas participantes  coñeceran os ingredientes e as técnicas de elaboración de filloas, pan de ovo e rosquillas. Coñeceran e elaboraran estas receitas coñecendo e prácticando a lingua galega.  Ademais as persoas participantes de Camariñas elaboraran e coñeceran os nomes en galego das receitas francesas para elaborar crêpes e galletes.
Intercambiando historia, técnicas e prácticas culturais empregando o idioma galego

Descargas relacionadas


© by Abertal