Organizado por Coca-Cola e a Fundación Mujeres, e coa colaboración do Concello de Camariñas, vaise impartir en Camariñas un curso gratuíto para mulleres da Costa da Morte, de entre 23 e 60 anos de idade. A actividade formativa está destinada a axudar a desenvolver as capacidades persoais e os coñecementos das mulleres que teñan pensado, se queira algunha vez, poñer en marcha o seu propio negocio.
O curso impartirase os días 5, 7 y 11 de xuño de 10:00 a 13:00 no Centro de Iniciativas, ao carón do Centro de Saúde de Camariñas e contará tamén con formación online.
A inscrición pódese realizar na Casa de Pedra de Camariñas, chamando ao teléfono 981 73 70 04 ou en https://preinscripcion.giramujeres.com/
As alumnas do PIE de Camariñas, Muxía e Vimianzo pódense inscribir no mesmo PIE.