O Concello

Departamentos

* Camariñas acaba con 1876 velutinas 07/05/2018

Camariñas acaba con 1876 velutinas

O Concello de Camariñas atrapou desde mediados do mes de marzo 1876 raíñas velutinas nas 100 trampas que ten instaladas.

Por un lado é unha gran nova, xa que estas raíñas xa non farán un niño este ano e morre con elas a propagación da especie.

Pero por outro lado é unha nova aterradora que nos amosa o avance desta praga. De feito xa eliminamos un niño primario.

Recordemos un pouco de información:

Agora mesmo todas as vespas velutinas que hai son raíñas. Elas son as que construen os niños, primarios e do tamaño dunha bola de tenis ao comezo e secundarios ao final. Se acabamos con elas logramos un gran avance.

Pero o tempo corre a nosa contra pois xa están facendo niños e a Xunta de Galicia, a responsable de combatir esta praga, segue sen facer nada.

Videos relacionados


© by Abertal