Bases :
1ª Os traballos serán inéditos, orixinais e estarán escritos en Lingua Galega.
2ª O tema:
- Tema libre.
- Eloxio á lectura
3ª Poderase participar individualmente ou por equipos nos seguintes casos :
- Educación infantil : sen límite de membros
- Modalidade de cómic : máximo 4 nenos/as
4ª Categorías e Modalidades :
CATEGORÍAS MODALIDADES
A- Educación infantil - Sen modalidade específica
B- 1º ciclo de primaria - Poesía
C- 2º ciclo de primaria - Cómic
D- 3º ciclo de primaria - Narrativa (relato curto ou redacción)
E - 1º ciclo E.S.O.
F- 2º ciclo E.S.O.
5ª Presentación
1. Os traballos presentaranse en tamaño DIN A4.
2. Só se escribirá por unha cara.
3. Deberán vir escritos en bolígrafo negro, máquina, ordenador ou similar. Nunca a lapis.
6ª Identificación dos traballos
a) No reverso da folla figurará : - Pseudónimo / Título / Categoría ( En ningún caso nome real nin nome do colexio )
b) Acompañará ó traballo un sobre pechado (plica) cos seguintes datos :
- Fóra : Pseudónimo
- Dentro : Nome e apelidos do/a alumno/a ou grupo, curso, nivel e colexio do autor/a ou autores/as
7ª Cada colexio presentará os traballos, previamente seleccionados: 3 por aula e modalidade xuntos e dentro dun sobre pechado que enviará a Biblioteca Pública.
8ª Xurado : Existirá un xurado único formado por un representante do concello e profesores dos centros que presenten traballos.
9ª Premios: Haberá un único premio por categoría e modalidade. Libros e agasallos para as categorías A, B, C e D e bonos con valor de 90 € para a categoría E e F. Estes bonos deberan trocarse por material bibliográfico en calquera librería do Concello de Camariñas. Ademais, un premio especial por categoría ó mellor eloxio á lectura.
10ª Último día para a presentación de traballos : 12 de maio.
11ª A resolución do xurado será inapelable.
12ª A entrega de premios será en Camariñas, o día e hora están sen determinar.
13ª A participación no certame conleva a aceptación das presentes bases.
Camariñas, a 25 de abril de 2011