Belén do Campo ven de confirmarlle ao Alcalde do Concello de Camariñas que fará unha charla informativa este mércores ás sete da tarde na Casa de Pedra. Á charla asistirá Manuel Rodríguez Vázquez, xefe territorial da Consellería de Medio Rural na Provincia de A Coruña.
A charla, dirixida a todos os veciños do Concello de Camariñas, tratará sobre o problema da couza guatemalteca das patacas e as medidas que hai que adoptar nas zonas tampón.
As zonas tampón do Concello de Camariñas engloban case a totalidade das parcelas que se cultivan actualmente con patacas agás os núcleos de Santa Mariña, Arou e Camelle.