O Concello

Departamentos

* EXPOSICIÓN TEMPORAL AS ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS 21/03/2018

EXPOSICIÓN TEMPORAL AS ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS

DO 22 DE MARZO AO 15 ABRIL MUSEO MAN DE CAMELLE (PRIMEIRO ANDAR)

Comprometidos por continuar difundindo os valores que defendía Manfred Gnädinger, con esta exposición queremos achegar o incuestionable patrimonio, tanto natural como cultural, que atesouran as áreas mariñas.

OBXECTIVOS:
» Sensibilizar á poboación en xeral arredor da importancia do mar e do litoral como patrimonio esgotable e recurso espiritual, cultural e económico.
» Dar a coñecer a figura das Áreas Mariñas Protexidas como eficaz estratexia de conservación do mar e o litoral.
» Sinalar o papel que cada un de nós, cidadáns de todas as idades, pode xogar á hora de inclinar a balanza cara á conservación, ou non, do mar.

ACTIVIDADES:
Fichas con contidos e actividades educativas para traballar o tema con rapazas e rapaces de entre 6 e 15 anos.
Reserva o teu día e hora: museodoman@camarinas.net – Telf. 665 133 864

DESTINATARIOS:
Público xeral, centros educactivos, asociacións, visitas en familia, ....

Descargas relacionadas


© by Abertal